Aviso legal
Datos identificativos
De conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase que esta páxina web é titularidade de:
- Denominación social: Orgullo Galego S.L. (NIF: B04974747) e Medra co teu Negocio S.L. (CIF: B75339333)
- Enderezo electrónico: info@medra.gal
Obxecto
Esta plataforma ten como finalidade permitir á cidadanía galega compartir información sobre incendios forestais e situacións relacionadas a través dun mapa colaborativo de carácter informativo e social.
Condicións de uso
O acceso e uso desta web implica a aceptación destas condicións legais. O usuario comprométese a utilizala de conformidade coa legalidade vixente e as presentes condicións.
Responsabilidade do contido
O usuario é o único responsable dos contidos que publique na plataforma. Os titulares non se fan responsables en ningún caso do contido subido polos usuarios, incluíndo pero non limitándose a: veracidade, legalidade, actualidade ou idoneidade do mesmo.
Os titulares resérvanse o dereito a eliminar, sen previo aviso, calquera contido que consideren inapropiado ou que vulnere estas condicións ou a legalidade vixente.
Propiedade intelectual
Os usuarios que publiquen contidos na plataforma outorgan aos titulares unha licenza non exclusiva para o uso dos ditos contidos na presente web, sen ánimo de lucro e con fins informativos e sociais. Autorízase tamén a poder subir as imaxes e os vídeos ás redes sociais co único obxectivo de promocionar este sitio web.
Os titulares garánten que non comercializarán nin sacarán rédito económico das imaxes e vídeos que sexan subidos a este portal.
O usuario garantiza ser titular dos dereitos sobre os contidos que publique ou contar coas autorizacións necesarias para a súa publicación.
Descargo de responsabilidade
incendios.gal non é un servizo de emerxencias nin un organismo oficial. Esta web é un portal de información aberta, colaborativa e cidadá. Os datos publicados son proporcionados por usuarios anónimos, non están verificados nin supervisados por ningún organismo público nin privado, e poden conter erros, imprecisións ou información desactualizada.
Os titulares non se fan responsables en ningún caso de:
- A veracidade, exactitude, actualidade ou fiabilidade da información publicada polos usuarios
- As decisións que calquera persoa tome baseándose na información contida nesta web
- Os danos directos ou indirectos que poidan derivarse do uso ou imposibilidade de uso da información publicada
- O uso indebido que terceiros poidan facer dos contidos publicados
- Interrupcións do servizo por causas técnicas ou de calquera outra índole
Non se deben tomar decisións de evacuación, seguridade ou emerxencia baseándose exclusivamente na información desta web. O uso da plataforma é baixo a exclusiva responsabilidade do usuario.
Información oficial e emerxencias
Esta web ten carácter meramente informativo e cidadán. En caso de emerxencia, diríxase sempre aos servizos oficiais:
- Emerxencias xerais: 112
- Incendios forestais: 085
Lexislación aplicable
As presentes condicións rexeranse pola lexislación española. Para a resolución de conflitos, as partes sometéranse aos xulgados e tribunais do domicilio social dos titulares.
Política de privacidade
Responsable do tratamento
- Denominación: Orgullo Galego S.L. e Medra co teu Negocio S.L.
- Contacto: info@medra.gal
Datos persoais tratados
Datos obrigatorios para o uso do servizo:
- Imaxe ou arquivo multimedia
Datos opcionais proporcionados voluntariamente:
- Nome ou identificación do usuario
- Descrición do contido
- Ligazóns a redes sociais ou contacto
- Datos de xeolocalización (seleccionados manualmente polo usuario)
Datos técnicos:
- Enderezo IP do usuario
- Datos de navegación
Base xurídica e finalidade
O tratamento dos datos baséase no consentimento do usuario e ten como finalidade:
- Prestación do servizo de publicación colaborativa
- Moderación e xestión dos contidos
- Cumprimento de obrigas legais
- Prevención de usos fraudulentos
Conservación dos datos
Os datos conservaranse mentres sexa necesario para a prestación do servizo e o cumprimento das obrigas legais. Os enderezos IP conservaranse durante o tempo establecido pola lexislación vixente para os efectos de identificación en caso de requirimento xudicial.
Dereitos do usuario
O usuario ten dereito a acceder, rectificar, suprimir, limitar o tratamento, opoñerse ao tratamento e á portabilidade dos seus datos persoais.
Para exercer estes dereitos, diríxase a: info@medra.gal
Cesión de datos
Non se realizarán cesións de datos a terceiros, salvo obriga legal ou requirimento xudicial.
Medidas de seguridade
Adoptáronse as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.