incendios.gal

Incrusta incendios.gal na túa web

Podes mostrar o mapa de incidencias ou cards individuais na túa web mediante iframes. Ideal para medios de comunicación, concellos ou asociacións que queiran informar da situación na súa zona.

Mapa completo

Mostra un mapa interactivo con todas as incidencias. Os visitantes poden facer click nos pins para ver os detalles.

<iframe src="https://incendios.gal/embed" width="100%" height="450" frameborder="0"></iframe>

Parámetros

ParámetroValoresDescrición
tipo lume-visible, fume, zona-queimada, solidariedade-cidada, afectacion-a-poboacion, presenza-de-medios-de-emerxencia, outros-avisos, condicions-ambientais, afectacion-a-circulacion Filtrar por tipo de incidencia
data 24h, 48h, 7d, 30d, 2025, 2026 Filtrar por período
lat, lng Coordenadas Centro do mapa (por defecto: Galicia)
zoom 119 Nivel de zoom (por defecto: 8)

Exemplo: só lumes visibles das últimas 48h centrado en Ourense:

<iframe src="https://incendios.gal/embed?tipo=lume-visible&data=48h&lat=42.34&lng=-7.86&zoom=10" width="100%" height="450" frameborder="0"></iframe>

Card dunha incidencia

Mostra unha tarxeta cunha incidencia concreta: imaxe, tipo, data e descrición.

<iframe src="https://incendios.gal/embed/116" width="400" height="380" frameborder="0"></iframe>

Substitúe 15 polo ID da incidencia que queiras mostrar. Podes obter o ID desde a URL do mapa (incendios.gal?id=15).

API pública

Se precisas acceso directo aos datos (en formato JSON), podes usar a API:

EndpointDescrición
GET /api/incidenciasLista de incidencias (acepta filtros: tipo, data)
GET /api/incidencias/{id}Detalle dunha incidencia con media
GET /api/tiposLista de tipos de incidencia

Exemplo:

fetch('https://incendios.gal/api/incidencias?data=24h') .then(r => r.json()) .then(data => console.log(data));

A API é aberta e non require autenticación. Pedimos un uso responsable e atribución a incendios.gal cando se empregue en proxectos públicos.