Que é incencios.gal?
incendios.gal é un mapa cidadán onde a xente comparte en tempo real como vive os incendios forestais na súa zona.
Como funciona
Calquera persoa pode subir imaxes e testemuño sobre incendios que ve ou vive, indicando:
- Onde está (localización automática ou manual).
- Que tipo de incidencia ve (lume, fumes, presenza de bombeiros, evacuacións…).
- Imaxes reais da situación.
Por que é útil?
- Información cidadá directa – Sen intermediarios nin filtros.
- Perspectiva humana – Como o vive a xente de verdade.
- Tempo real – Actualización inmediata.
- Complemento ás fontes oficiais.
Importante saber
Non somos unha fonte oficial. Para emerxencias chamar sempre ao 112 e se ves un incendio ao 085.
Os datos son colaborativos e poden non estar verificados por autoridades.
Obxectivo
Dar voz ao pobo galego durante os incendios e crear un arquivo visual e testimonial de como estas emerxencias afectan ás nosas vidas.
Un proxecto de Anxo Sánchez para Orgullo Galego. Podes escribirnos a info@orgullogalego.gal
Impacto
Con data 15/09/2025, 30 días logo da publicación do portal (aberto o 16/08/2025), a páxina web recibiu un total de 28.000 usuarios únicos e 109.653 páxinas vistas. Enviáronse un total de 240 documentos gráficos xeolocalizados.